Autor:
Begoña Oro Pradera
Ilustrador:
Javier Zabala Mikel Valverde Tejedor Margarita Menéndez Gutiérrez José Ángel Labari Ilundain Anne Decís Antonia Santolaya Ruiz Clavijo Jesús Delgado Acevedo
21,17 €

Envío GRATIS en compras superiores a 20 €.

De 7 a 8 años

Os libros Ensalada de letras reúnen lecturas breves para entreter os primeiros lectores, con textos variados e ilustracións de diferentes estilos.

Este libro propón a lectura de numerosos textos literarios e doutras tipoloxías textuais. En cada unidade aparecen sete tipoloxías diferentes, entre as que hai narracións, poemas, cómics, obras de teatro, textos da vida cotiá e textos da tradición popular.  

As seccións que contén cada unidade son as seguintes:

1. A hora do conto: un conto de agora co encanto dos contos de sempre, para que te emociones, rías e penses.


2. Nenos coma ti...: nenos que rin, xogan, se aburren ou dan un concerto. Todo iso... en verso.


3. Superleo: un cómic protagonizado por Superleo, o león máis fachendoso da sabana. No seu superlibro atopa as solucións para todo. Por algo é o superheroe que mellor le: un auténtico 'león'.


4. Arriba o pano!: unha obra de teatro protagonizada por nenos. Non perdas esta oportunidade de converterte en actor ou actriz.


5. Dona Despistes: un divertido conto-xogo protagonizado por Dona Despistes, unha profesora moi despistada. Le con atención, fíxate no debuxo e descubre os seus despistes.


6. De dous en dous: adiviñas, trabalinguas, panxoliñas, chistes, cancións... que sabían os teus avós e que paga a pena lembrar.


7. O Mago Chas: un texto da vida cotiá do mago Chas, como instrucións para a variña máxica, menús, catálogos, receitas... e ata feitizos! Lecturas de todos os días cun toque máxico.

Despois de cada lectura inclúense preguntas sinxelas de comprensión lectora. Con iso, ademais de espertar o gusto pola lectura con textos adaptados á idade dos lectores, desenvólvense competencias como a habilidade de identificar e comprender textos de diferentes tipoloxías, a mellora da atención para poder adquirir coñecementos, así como a potenciación do razoamento lóxico como medio para interpretar e comprender mellor as situacións do contorno e como a mellor estratexia para atopar solucións.


@import url(http://ecat.gesm.net/CuteSoft_Client/CuteEditor/Load.ashx?type=style

Y después de todo esto,
¿quieres divertirte con este libro?